Toupiciencia 2: Peixes cebra

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No Mes da Ciencia en Galego, o Concello de Cabanas colabora na difusión da miniserie Toupiciencia, un programa de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios duns 3 minutos de duración cada un. Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a biloxía, a química ou as matemáticas, entre outras.

Toupiciencia forma parte forma parte dos contidos do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021, como medida de reactivación do tecido cultural fronte aos efectos da Covid-19.

Share.

Comments are closed.