Domingo, Setembro 26

Teatro de rúa o sábado en Cabanas coa representación de “Ghop!”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de cultura, informa de que o sábado 28 de agosto ás 19h terá lugar a representación da obra de teatro de rúa “Ghop!”, da compañía Teatro ó Cubo, formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal.

O espectáculo celebrarase na cancha de baloncesto do Parque do Areal, con entrada libre até completar aforo. Desde o Concello pídese ás persoas que acudan á cita que acudan con media hora de antelación para facilitar o acceso.

A concelleira de cultura, Diana Rodríguez, animou á veciñanza a participar nesta actividade, un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor, coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas das vilas e aldeas.

Share.

Comments are closed.