Subvencións municipais a asociacións

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de cultura do Concello de Cabanas informa de que está aberta a convocatoria pública de subvencións municipais a asociacións entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de actividades para este 2022.

A continuación pódense descargar o extracto das bases publicado no BOP, as bases completas, e os anexos en formato word ou pdf. A solicitude debe presentarse, debidamente cumprimentada, no Rexistro Xeral do Concello de Cabanas (a través da súa Sede electrónica) ou ben en calquera outro dos rexistros públicos aos que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no modelo normalizado.

Descarga | Extracto bases | Bases completas | Anexo (word) | Anexo (pdf)

Share.

Comments are closed.