Sábado, Abril 20

Substitúense os canlóns da Escola de Lavandeira

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de infraestruturas, vén de anunciar a finalización dos traballos de substitucións dos canlóns da Escola de Lavandeira, dando resposta a unha demanda veciñal e das entidades que empregan dito local municipal.

“Con esta actuación preténdese reducir as humidades do edificio provocadas pola degradación dos canlóns existentes previamente, así como a acumulación de verdello no acceso”, sinalou a concelleira responsábel da área, Concepción Rodríguez.

Os traballos de substitución dos canlóns por uns novos fabricados en aluminio lacado na fachada principal e posterior do edificio municipal, ascendeu a 1.694 euros.

Share.

Comments are closed.