Servizo de apoio integral a coidadoras no medio rural

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabamas informa de que as mulleres coidadoras – non profesionais – de persoas dependentes poden beneficiarse do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural (SAIC Rural), que desenvolverám conxuntamente os concellos de Cabanas e Pontedeume e a Fundación Mujeres, co apoio económico da Deputación da Coruña.

Este servizo ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras, así como promover o seu desenvolvemento persoal e social aprendendo a demandar apoio de xeito eficaza e técnicas de autocoidado; fomentando o bo manexo das emocións e hábitos de vida máis saudábeis e promovendo o reforzo das relacións sociais a través da interacción con mulleres na mesma situación.

Para iso, o programa ofrece ás mulleres información e asesoramento persoal sobre dependencia e coidados (Lei de Dependencia, recursos de apoio existentes, requirimentos e trámites para acceder a eles…), apoio individual para comprender e abordar as emocións e os malestares asociados ao coidado (situacións de dó, sobrecarga emocional, tristura, tensión, ansiedade…) e actividades grupais para adquirir hábitos máis saudábeis, como aprender a xestionar o tempo, a comunicar as necesidades persoais, manexar as emocións negativas e compatir as tarefas de coidado, entre outros.

Estes encontros, de carácter gratuíto, realizaranse no Centro de Maiores de Pontedeume de forma semanal, entre o 22 de setembro e o 24 de novembro, de 10.30 a 12.30 horas. Aquelas persoas que desexen máis información ou estean interesadas en participar, poden dirixirse ao teléfono 981 495 959 (ext. 2).

Share.

Comments are closed.