Sábado, Abril 20

Santa Marta Pequena, unha xornada coas crianzas como protagonistas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No marco da programación das Festas de Santa Marta, que se pode consultar integramente nesta ligazón, a do venres será unha xornada especial, xa que terá ás crianzas como protagonistas. Falamos de Santa Marta Pequena.

A programación de Santa Marta Pequena inclúe a animación de rúa Discocleta, que percorrerá a zona do paseo marítimo desde as 17.30h co seu espectáculo.

Entre as 17 e as 19.30h, as pequenas da casa poderanse achegar a coñecer o que ten que ofrecer Festivaliño, e desde as 19 horas será o momento da música, con Pakolas e o seu espectáculo Cores, contos e rock&roll con Ramona Órbita. Pechando a xornada de Santa Marta Pequena, ás 20.30h actuarán Mamá Cabra & Bellón Maceiras con “A música das Buguinas”.

Os espectáculos Festivaliño, Pakolas e Mamá Cabra & Bellón Maceiras precisan de inscrición previa enviando un correo a cultura@cabanas.gal indicando os nomes completos das persoas participantes, así como un teléfono de contacto.

A actuación de Pakolas enmárcase dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.