Martes, Setembro 27

Saen a licitación as obras en varios camiños municipais de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado a licitación de dúas obras de mellora da capa de rodaxe en camiños municipais, con cargo ao POS+ 2022 da Deputación da Coruña.

Por unha banda licítanse as actuacións no camiño de Carballo de Abaixo, cun investimento de 34.780,11 euros, e pola outra os camiños de Balbís e Currás, por 40.670,01 euros.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto até o próximo 29 de agosto de 2022.

Share.

Comments are closed.