Martes, Setembro 27

Roteiro pola parroquia de Porto na quinta saída do programa “Pateando Cabanas”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de deporte, informa da ruta que se realizará neste mes de agosto de 2022, e que levará ás persoas participantes nun percorrido pola parroquia de Porto. Realizarase o sábado 27 de agosto, con saída ás 10:30 horas desde a Igrexa de San Martiño.

Tratarase dunha ruta circular, facendo un percorrido de 8 quilómetros, cun desnivel de subida sobre 250 metros, polo que a súa dificultade será moderada, cun trazado con continuas subidas e baixadas pero sen pasos técnicos. Será unha ruta que durará ata aproximadamente sobre as 13:30 horas, e no percorrido veranse varios dos muíños situados na parroquia de Porto, así como a Igrexa de Porto e capela do Pudrical. Tamén se verán carballos e castiñeiros de gran porte e elementos da arquitectura do rural de Cabanas

O prazo de inscrición comezará o mercores 17 de agosto e rematará o xoves 25 de agosto de 2022. Poden inscribirse enviando un correo electrónico a deporte@cabanas.gal indicando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, data de nacemento (día/mes/ano), número de teléfono e localidade de procedencia.

Recoméndase levar roupa e calzado adecuados (botas ou zapatillas de montaña con taco) e bastóns, así como auga e algo para picar. Ademais, recórdase que toda actividade física require dun mínimo de preparación e estar exentos de patoloxías médicas que desaconsellen esta actividade deportiva.

Share.

Comments are closed.