Sábado, Decembro 3

Resultados do proxecto de “Valorización da actividade mariñeira e dos seus espazos extractivos no litoral de Cabanas. Cabanas Mar”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas resultou beneficiario dunha axuda para o proxecto de “Valorización da actividade mariñeira e dos seus espazos extractivos no litoral de Cabanas. Cabanas Mar”, cuxo obxectivo foi o de valorizar o labor marisqueiro e dignificar os oficios mariñeiros a través de accións de sensibilización. CABANAS MAR realizouse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento  local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar  aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

  • Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 81.009,50 €
  • Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 72.908,55 €
  • Total axuda pública aprobada (€): 72.908,55 €
  • % Subvención: 90

Obxectivo xeral:

Valorizar o labor marisqueiro e dignificar o seu oficio, mediante a execución de diversas accións de sensibilización dirixidas a escolares e público en xeral.

Obxectivos específicos:

  • Realizar accións de sensibilización dirixidas a diferentes públicos (alumnado, público adulto).
  • Visibilizar a actividade extractiva no municipio mediante dispositivos informativos sobre os produtos mariños en relación aos que se comercializan na zona e os sistemas de extracción artesanal e a biodiversidade no litoral.

Actuacións:

Para acadar estes obxectivos, leváronse a cabo diversas actuacións, ao longo de 2021 e 2022

Resultados acadados:

Os resultados acadados co desenvolvemento deste proxecto foron os seguintes:

  • Dignificáronse os oficios do mar para facelos atractivos e facilitar un relevo xeracional.
  • Deuse maior visibilidade do labor marisqueiro como actividade económica.
  • As sesións informativas e divulgativas sobre o oficio marisqueiro, a riqueza natural no litoral do municipio e as súas posibilidades como medio de vida permitiron un maior achegamento da sociedade a esta actividade, o que contribuíu a unha maior da mesma e á súa valorización como oficio.
Share.

Comments are closed.