Resultados do proxecto de “Centro de Interpretación do Medio Mariño. CIMM Cabanas”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas resultou beneficiario dunha axuda para o proxecto “Centro de Interpretación do Medio Mariño. CIMM Cabanas”, cuxo obxectivo é o de conxugar un servizo público vencellado á protección do medio ambiente mariño, para poñer en valor e seguir dando a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira deste Concello, colaborando na posta en marcha de infraestruturas e medios que incidan na contención do cambio climático.

O proxecto do CIMM de Cabanas realizouse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento  local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar  aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

  • Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 127.292,00€
  • Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 84.337,00€
  • Total axuda pública aprobada (€):  84.337,00€
  • % Subvención: 100%

Obxectivo xeral:

Concienciar aos profesionais do mar e á poboación en xeral sobre o aproveitamento sostíbel do patrimonio medioambiental do noso mar e a necesidade de coidalo e preservalo.

Obxectivos específicos:

  • A posta en marcha do CIMM de Cabanas como un espazo de referencia para o coñecemento do medio, con contidos e información actualizada e activa.
  • Chegar á xente máis nova por medio de material adecuado a ela con accións de dinamización nas que se conta co apoio das xentes do mar
  • Creación de soportes de comunicación e divulgación tecnolóxica propios para poder levar a mensaxe máis aló do espazo físico.

Actuacións:

Para acadar estes obxectivos, leváronse a cabo diversas actuacións, ao longo dos anos 2020, 2021 e 2022

Resultados acadados:

Os resultados acadados co desenvolvemento deste proxecto foron os seguintes:

  • Creouse o Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas, apoiado con accións e contidos didácticos dixiridos a escolares, ás familias do mar e á poboación xeral, para aumentar o coñecemento sobre o mar
  • Púxose en valor do mar e do Concello de Cabanas como lugar de referencia par o coñecemento do medio mariño e da ría.
  • Deuse maior visibilidade do labor marisqueiro como actividade económica.

Share.

Comments are closed.