Resoltas as axudas a persoas autónomas afectadas pola COVID19

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de resolver o procedemento de axudas postas en marcha dentro do plan “Activar Cabanas” de medidas de promoción económica para paliar as consecuencias da crise económica derivada da pandemia da COVID-19.

Presentáronse a estas axudas un total de 21 persoas autónomas e pequenas empresas, e todas elas percibirán un importe de 600 euros, que estarán destinados a cubrir gastos como o alugueiro do local no que desenvolven a súa actividade, correr cos gastos de xestoría, de cotas á seguridade social ou nóminas de persoas empregadas por conta allea, entre outras.

“O obxectivo desta liña de axudas posta en marcha polo goberno local é contribuír a manter o emprego e a actividade económica en Cabanas, nunha situación complicada polas restricións derivadas da pandemia”, indicou o tenente alcalde e responsábel da área de promoción económica, Iago Varela.

A medida forma parte do plan de reactivación económica “Activar Cabanas”, unha iniciativa da que tamén formou parte a campaña de promoción do consumo e comercio local “Merca en Cabanas”, na que participou a práctica totalidade do comercio e hostalería locais.

Share.

Comments are closed.