Reparto de libros en Cabanas para conmemorar o Día do Libro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas conmemora o Día do Libro, que se celebra este 23 de abril, cun reparto de libros entre a veciñanza, para o cal habilitou unha mesa na Casa do Concello, onde se poderán recoller exemplares editados polo Concello ao até finais de mes.

Ademais, o Club de Lectura, que se celebra o último venres de cada mes, contará este abril coa presenza de Guillermo Llorca Freire, autor da obra “Cuando estalló la noche. El enemigo no sospechaba”, quen comentará a novela coas persoas participantes no mesmo.

A concelleira de cultura, Diana Rodríguez, animou á veciñanza a achegarse até o Concello para recoller algún dos exemplares, entre os que se atopan títulos como Memoria dun Século, o Manual de Emocións ou exemplares que afondan na historia e patrimonio locais.

Share.

Comments are closed.