Martes, Setembro 27

Rematan as obras de mellora no camiño de acceso a Xabariz

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de infraestruturas, informa do remate dos traballos de mellora no Camiño de acceso a Xabariz (Cerdeiras – Os Sardiñas), unhas actuacións que consistiron na mellora da capa da rodaxe.

O importe das actuacións ascendeu a 47.916 €, e están financiados con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas da Xunta.

“Con esta actuación mellórase un vial municipal que estaba bastante danado, avanzando no programa de reparación de camiños municipais que o goberno municipal está a executar a través de diferentes plans autonómicos e provinciais”, indicou a concelleira responsábel da área de infraestruturas, Concepción Rodríguez Ferreiro.

Share.

Comments are closed.