Rematan as obras de mellora en varios viais de Cabanas e no Parque de Pedra do Couto

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de parques e infraestruturas, informa de que veñen de rematar os traballos de mellora do firme en varios viais municipais, entre os que se inclúen os camiños de Horta, Pereiro, Río dos Carneiros, Rolo e Muíño, ademais  do parque de Pedra do Couto, no que se melloraron as instalacións recreativas. Estas actuacións suman un preto de 159.000 €, e contan con financiamento da Deputación da Coruña.

“As actuacións que veñen de concluír supoñen avanzar no plan de mellora de camiños e parques municipais posto en marcha polo goberno municipal”, sinalou a concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, quen avanzou que nos próximos días tamén se porán en marcha novas actuacións noutros puntos do concello.

Inicio das obras na Veiga

Desde o Concello de Cabanas tamén se informa do inicio das actuacións de conexión da rede de sumidoiros desde a área recreativa da Veiga até Batán (2ª fase), que supoñen o investimento de preto de 90.000 €, tamén con cargo ao POS da Deputación provincial.

Share.

Comments are closed.