Rematan as dúas primeiras quincenas do campamento Cabanas Concilia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Esta semana rematan as dúas primeiras quendas do campamento urbano “Cabanas Concilia”, unha actividade impulsada polo Concello de Cabanas que permite a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das e dos adultos responsábeis de menores de entre 3 e 12 anos.

Dito programa de conciliación está xestionado pola empresa Espazo Vivo, que está  desenvolver actividades socio – educativas coas que se pretende a diversión das crianzas incluíndo unha perspectiva coeducativa que visibiliza ás mulleres e homes en áreas non asignadas tradicionalmente. Así, durante estas semanas puideron gozar das aventuras da astronauta Mae C. Jemison ou da pirata Grace O’Malley, construíndo unha nave espacial e un barco, entre outras propostas e xogos.

O campamento urbano Cabanas Concilia conta con financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade.

Share.

Comments are closed.