Sábado, Decembro 3

Rematadas as obras de mellora do firme en Corredoira da Igrexa e Camiño do Río

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de infraestruturas do Concello de Cabanas informa do remate dos traballos de mellora en Corredoira da Igrexa e Camiño do Río, consistentes no aglomerado do firme, pintado e sinalización e limpeza de cunetas. A actuación ascendeu a un total de 37.839 €, que foron financiados polo Plan de Obras e Servizos POS+2020 da Deputación de Coruña.

Previamente, na mesma zona, procedeuse á eliminación de 170 metros de tubaxe de fibrocemento, que foron substituídos por tubos de polietileno, e que se suman aos 430 metros que foron substituídos tamén en Os Salgueiros, cunha axuda específica da Xunta para estas cuestións.

A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, amosouse satisfeita polo resultado destas actuacións que se enmarcan dentro dos plans de mellora do firme en camiños postos en marcha polo goberno municipal.

Share.

Comments are closed.