Domingo, Xaneiro 23

Recordatorio sobre os depósitos ilegais de cascallos e restos de biomasa vexetal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Logo de terse detectado nas últimas semanas diferentes depósitos ilegais de cascallos e restos de biomasa vexetal nas beiras dos camiños, o Concello de Cabanas, a través da área de servizos, lembra que os restos procedentes de podas e limpezas de fincas particulares pódense depositar en sacos pechados ao lado dos colectores de lixo.

O resto de residuos (cascallo ou restos procedentes de actividades empresariais) deberanse xestionar a través dun xestor autorizado, podendo ser motivo das sancións contempladas na ordenanza de promoción de condutas cívicas e protección de espazos públicos.

Share.

Comments are closed.