Martes, Novembro 30

Que é a violencia de xénero?

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas está a desenvolver un amplo abano de actividades coincidindo coa celebración do 25 de Novembro, Día para a Eliminación da Violencia Contras as Mulleres, cuxa programación completa pódese consultar nesta ligazón.

Ademais, Cabanas está adherido á campaña da Deputación da Coruña “De Fronte á violencia de xénero”, xunto con outras 150 entidades públicas, sociais, empresariais, educativas e sanitarias. Entre as temáticas que se están a traballar dentro desta campaña destacan a violencia vicaria, a violencia de xénero na idade adulta e a necesidade de coordinarse e traballar en rede para facer fronte a esta problemática social.

No día de hoxe queremos compartir o vídeo Que é a violencia de xénero?, unha peza breve que define as principais violencias machistas na mocidade con exemplos para identificalas e as consecuencias das mesmas nas mulleres.

Share.

Comments are closed.