Próxima apertura do prazo para Amencer na Escola

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O vindeiro luns 4 de setembro ábrese o prazo de solicitude do servizo municipal de conciliación Amencer na Escola para o alumnado de educación infantil e primaria do CEIP Eladia Mariño e que dará comezo o día 11 de setembro, inicio do curso escolar 2023-2024. Esta é unha medida destinada a apoiar na conciliación da vida persoal, familiar e laboral ás familias que non contan con outros recursos da rede familiar ou social, ou non lles é práctica a aplicación das medidas legais destinadas a este fin.

Ofértase tres modalidades de servizo:  entre 4 e 5 días por semana (30 €/mes con almorzo ou 21 €/mes sen almorzo); entre 1 e 3 días (15 €/mes con almorzo ou 10 €/mes sen almorzo) ou días soltos (3 €/día con almorzo ou 2,50 €/día sen almorzo). A ordenanza municipal especifica ademais bonificacións do 50% do prezo público cando participen dous ou máis membros da mesma unidade familiar, e en casos excepcionais – previo informe dos servizos sociais – poderase bonificar total ou parcialmente a totalidade do prezo público.

As familias poderán solicitar o servizo Amencer na Escola a través da Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou ben nas Oficinas Xerais do concello a partir do luns 4 de setembro, presentando a solicitude que se pode descargar desde a web municipal, xunto coa autorización de domiciliación bancaria. Para resolver calquera dúbida pódese contactar co teléfono 981 495 959 (ext. 6 ou 2) ou no correo servizos.sociais@cabanas.gal

 

[ES]

El próximo lunes 4 de septiembre se abre el plazo de solicitud del servicio municipal de conciliación Amencer na Escola para el alumnado de educación infantil y primaria del CEIP Eladia Mariño y que dará comienzo el día 11 de septiembre, inicio del curso escolar 2023-2024. Esta es una medida destinada a apoyar en la conciliación de la vida personal, familiar y laboral a las familias que no cuentan con otros recursos de la red familiar o social, o no les es práctica la aplicación de las medidas legales destinadas a este fin.

Se oferta tres modalidades de servicio: entre 4 y 5 días por semana (30€/mes con desayuno o 21€/mes sin desayuno); entre 1 y 3 días (15€/mes con desayuno o 10€/mes sin desayuno) o días sueltos (3€/día con desayuno o 2,50€/día sin desayuno). La ordenanza municipal especifica además bonificaciones del 50% del precio público cuando participen dos o más miembros de la misma unidad familiar, y en casos excepcionales -previo informe de los servicios sociales- se podrá bonificar total o parcialmente la totalidad del precio público.

Las familias podrán solicitar el servicio Amencer na Escola a través de la Sede Electrónica del Concello de Cabanas o bien en las oficinas generales del Concello a partir del lunes 4 de septiembre, presentando la solicitud que se podrá descargar desde la web municipal, junto con la autorización de domiciliación bancaria. Para resolver cualquier duda, se puede contactar con el teléfono 981 495 959 (ext. 6 o 2) o en el correo servizos.sociais@cabanas.gal

 

Descarga PDF

Solicitud Amencer 23-24

Modelo Bonificación 23-24

Autorización imaxe Amencer

Domiciliación bancaria Amencer

Share.

Comments are closed.