Promoción gastronómica da Comarca do Eume

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Dentro das iniciativas promocionais do Plan de Sostibilidade Turística en Destino da Comarca do Eume, destaca a promoción dos seus produtos gastronómicos e elaboracións locais.

As áreas de turismo dos Concellos de Cabanas, Pontedeume, As Pontes, A Capela e Monfero impulsan, xunto con Turismo da Deputación da Coruña a visibilidade da calidade dos nosos produtos, e a garantía da nosa vertente gastronómica, que abrangue desde produtos de mar e horta, a queixos, mel, carne e doces típicos tradicionais. Unha oportunidade de achegarse ata a Comarca do Eume para descubrir todo o que ofrecemos.

 

Share.

Comments are closed.