D. Carlos Ladra Brage, Alcalde do Concello de Cabanas, en cumprimento do establecido no articulo 21.1.e) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
FAI SABER QUE:
Unha vez analizada a situación do piñeiral da Madalena, despois do paso da última borrasca Fabien, que provocou a caída de máis dunha vintena de árbores e innumerables caídas de
ramas, o Concello de Cabanas está a levar a cabo traballos de acondicionamento e mellora da seguridade. Para garantir a seguridade de todos e todas, desde o Concello tomase as seguintes decisións:
- Prohibir o acceso peonil e rodado ao piñeiral da Madalena para asegurar a seguridade da zona, ata nova publicación dun bando á finalización dos traballados e coa reapertura de circulación peonil e rodada.
- Permitirase o acceso única e exclusivamente a persoal autorizado polo Concello.
Para velar pola súa seguridade, rogamos o cumprimento de establecido no presente Bando.
En Cabanas, a 24 de decembro de 2019
O Alcalde,
Carlos Ladra Brage