O Concello de Cabanas informa que desde o momento da reapertura dos servizos presenciais de atención ao público, a veciñanza que desexe acudir a algunha xerencia de Catastro debe obter con antelación unha cita previa.
As correspondentes citas previas pódense obter a través da Sede Electrónica do Catastro, ou na Liña Directa do Catastro (902 37 36 35 / 91 387 45 50). A obtención de dita cita resulta imprescindíbel para acudir a unha xerencia de Catastro para obter información catastral, presentar documentos ou expedientes, realizar consultas, obter notificacións ou realizar calquera outro trámite relacionado co Catastro.