A empresa adxudicataria das obras de saneamento que está a executar Augas de Galicia no Paseo da Madalena comunica que ten previsto levar a cabo traballos de aglomerado no carril dereito (sentido entrada) o próximo luns, 13 de decembro, no tramo comprendido entre a Rúa Santa Marta e o Hotel Ibeira.
Debido a estes traballos, limitarase o estacionamento na mesma banda, e tamén se verá afectada a entrada e saída de vehículos das diferentes rúas transversais ao Paso da Madalena, o que se comunica para as previsións das persoas residentes.