Presentada a terceira edición do obradoiro de emprego “Ártabro Emprende”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas participou esta semana no acto de presentación da terceira edición do obradoiro de emprego Ártabro Emprende, promovido polos concellos de Cabanas, Miño, Monfero, Paderne e Pontedeume.

Os cinco concellos acadaron unha subvención de máis de 500.000 € da Consellaría de Emprego e Igualdade da Xunta de Galiza para a posta en marcha de dito obradoiro, que permitirá que durante 12 meses un total de 20 persoas participantes poidan obter os certificados de profesionalidade nas especialidades de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e “Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes”.

A formación do alumnado – traballador deste obradoiro inclúe unha parte práctica, con actuacións nos diferentes concellos participantes. No caso de Cabanas, a proposta do goberno municipal inclúe rozas, retirada de masa forestal, segas de herba, restrelados, aireación do chan e binado de macizos e outros traballos de mantemento de espazos axardinados. Ditos traballos executaranse no paseo e contorna das praias da Madalena e Fabal, Escola Laica, Casa do Concello, parques municipais, Área Recreativa da Veiga, entorno do embarcadoiro do Día Oito e Río Eume.

Para poder optar ao proceso selectivo para participar neste obradoiro que se levará a cabo proximamente, as persoas interesadas deben estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galiza, percibindo as que resulten seleccionadas o 100% do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

Share.

Comments are closed.