Martes, Setembro 10

Premios aos mellores disfraces no Entroido virtual de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Nun Entroido atípico, marcado pola pandemia da COVID-19 e as restricións de mobilidade que impiden entrar ou saír do termo municipal, o Concello de Cabanas anima á veciñanza a unha celebración caseira e virtual, organizando un concurso de disfraces que premia a orixinalidade e o aproveitamento de roupas e materiais que se teñan pola casa.

O concurso premiará os mellores disfraces, cun baremo no que puntúan a orixinalidade e a creatividade na elaboración, o vestiario (traballo feito a man, aproveitamento de materiais) e a maquillaxe que se puidera empregar. En total repartiranse 12 premios, 9 de carácter individual (3 por categoría infantil (0-12 anos), xuvenil (13-17) e adulta (+18 anos)), e 3 na modalidade colectiva, cando concurse un grupo formado por dúas ou máis persoas pertencentes a unha única unidade familiar.

En total, repartiranse 675 euros repartidos en vales que van desde os 50 até os 100 euros, dependendo da modalidade e categoría, que as persoas premiadas poderán empregar para consumir no comercio e hostalaría locais, como continuación da campaña de promoción económica Merca en Cabanas.

Para participar no concurso, as persoas interesadas deberán compartir en aberto nas súas redes sociais (Facebook, Instagram ou Twitter) as súas fotografías, empregando o cancelo #EntroidoCabanas até o xoves 18 de febreiro. Adicionalmente deberán enviar a foto, xunto coa ficha de inscrición cuberta (descarga a continuación) ao correo cultura@cabanas.gal para completar a participación.

Descarga | Bases concurso Entroido | Ficha inscrición

 

Share.

Comments are closed.