Percorrido polos diferentes trazados do Camiño Inglés no roteiro de xuño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de deporte, informa da ruta que se realizará neste mes de xuño de 2022, e que levará ás persoas participantes nun percorrido polos trazados do Camiño Inglés (camiño actual, alternativo e antigo). Realizarase o sábado 18 de xuño, con saída ás 10:00 horas desde o Concello de Cabanas.

Tratarase dunha ruta circular, facendo un percorrido de 12 quilómetros, cun desnivel de subida sobre 400 metros, polo que a súa dificultade será moderada, cun trazado con continuas subidas e baixadas pero sen pasos técnicos. Será unha ruta que durará ata aproximadamente sobre as 13:30 horas, e no percorrido accederase a diferentes puntos de interese, destacando as vistas sobre a ría de Ares, Redes e A Coruña. Tamén se verán sobreiras e elementos da arquitectura do rural de Cabanas

O prazo de inscrición comezará o xoves 9 de xuño e rematará o xoves 16 de xuño de 2022. Poden inscribirse na plataforma de xestión deportiva Sporttia cubrindo un formulario deste enlace  ou enviando un correo electrónico a deporte@cabanas.gal indicando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, data de nacemento (día/mes/ano), número de teléfono e localidade de procedencia.

Recoméndase levar roupa e calzado adecuados (botas ou zapatillas de montaña con taco) e bastóns, así como auga e algo para picar. Ademais, recórdase que toda actividade física require dun mínimo de preparación e estar exentos de patoloxías médicas que desaconsellen esta actividade deportiva.

Share.

Comments are closed.