Os talleres de Envellecemento Activo reactivaranse o 20 de xaneiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de servizos sociais do Concello de Cabanas informa de que o próximo venres 20 de xaneiro reiniciaranse os talleres do programa de obradoiros “Envellecemento Activo”, destinados a persoas maiores de 55 anos.

As persoas participantes distribúense en dous grupos, un que ten lugar os martes en horario de 11.00 a 12.30 horas na Escola unitaria de Laraxe, e que ten servizo de transporte para facilitar a asistencia desde todo o termo municipal, e outro os venres de 17.00 a 18.30 horas no local da SCRD de Laraxe.

O obxectivo destes obradoiros é crear un espazo para o encontro e a participación das persoas maiores, co fin de realizar tarefas de carácter cultural e educativo.

Aquelas persoas interesadas en solicitar máis información ou participar poden dirixirse ao correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal ou chamar ao 981 495 959 (extensións 2 ou 6).

Share.

Comments are closed.