Obradoiros infantís “A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No marco da campaña Ser e Sentir!, impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, na que participa o Concello de Cabanas, estanse a desenvolver os obradoiros infantís A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro, orientados á cativada de 5 a 7 anos e impartidos pola educadora social e sexóloga Sabela Maceira, que visitará un total de 15 concellos da provincia.

Durante os obradoiros, e de xeito lúdico, a rapazada achegarase ás diversidades afectivo – sexuais co obxectivo de favorecer o bo trato e os coidados, así como previr o rexeitamento e auto – rexeitamento por motivos de orientación ou identidade sexuais, aprendendo a poñer límites e expresas os afectos de maneira saudábel.

No noso entorno, a cita está prevista para o próximo 13 de xullo en Pontedeume.

Share.

Comments are closed.