Obradoiro sobre o acoso na rúa este venres en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de igualdade do Concello de Cabanas, en colaboración coa Fundación Mujeres, organiza este venres 2 de decembro un obradoiro sobre o acoso na rúa, que ten por obxectivo o apoderamento das mulleres, aprendendo a intervir de forma segura, tanto cando se é testemuña como cando se experimenta unha situación de acoso sexual en espazos públicos.

Será ás 11 horas da mañá no Salón de Plenos, aberto ao público sen necesidade de inscrición previa. Ademais, na mesma mañá tamén se desenvolverá un obradoiro no instituto, adaptado ao público máis mozo.

A través deste taller, gratuíto e dunha hora de duración, daranse a coñecer un conxunto de ferramentas claras, adaptábeis e probadas por persoas expertas que permiten reducir a prevalencia do acoso na rúa.

A actividade forma parte da programación conmemorativa do Concello de Cabanas polo 25 de novembro, Día para a Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Share.

Comments are closed.