Obradoiro para familias sobre condutas aditivas en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas organiza este venres 27 de maio, entre as 17.30 e as 19.30h, un obradoiro sobre condutas aditivas dirixido a familias. Será nas instalacións do CEIP Eladia Mariño, e contará coa colaboración de ASFEDRO.

Entre os obxectivos deste obradoiro están os de dar a coñecer o fenómeno das adiccións, tanto as relativas ás adiccións con sustancia como ás comportamentais (apostas, compras compulsivas, móbil…), ademais de mellorar a calidade da información sobre condutas aditivas da que dispoñen as familias, facendo fincapé nos factores de risco e de protección.

A xornada, de acceso libre, incluirá información sobre as condutas aditivas e como previlas, así como a posición familiar sobre as mesmas. Está cofinanciada pola Consellaría de Sanidade, e aquelas persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a innovacion@cabanas.gal ou ao 981 495 959 (ext. 6)

Share.

Comments are closed.