Sábado, Agosto 20

Obradoiro de personalización de camisolas este martes na Casa do Concello

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas organiza este martes 28 de xuño, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+, un obradoiro de camisolas, onde as persoas participantes poderán elaborar as súas propias camisolas personalizadas.

A actividade desenvolverase a partir das 17 horas na Casa do Concello de Cabanas, e as persoas interesadas en participar deberán anotarse a través do correo electrónico igualdade@cabanas.gal ou no 649 07 5263. As prazas son limitadas.

A imaxe da campaña é obra de Eva Agra, da Cooperativa 7H.

 

Share.

Comments are closed.