Mércores, Abril 24

Obradoiro de parkour este venres no Parque do Areal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de mocidade do Concello de Cabanas organiza para este venres, 17 de xuño, entre as 17 e as 19 horas un obradoiro de parkour na cancha deportiva do Parque do Areal.

A actividade está destinada a mozas e mozos a partir de 12 anos, e nela ensinaranse os principios e movemento do parkour.

As persoas interesadas en participar deberán anotarse enviando un correo a xuventude@cabanas.gal ou chamando ao 981 495 959 (ext. 6).

Share.

Comments are closed.