Obradoiro de iniciación ao teatro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado venres tivo lugar o obradoiro de iniciación ao teatro para persoas adultas, organizado pola concellaría de cultura do Concello de Cabanas.

Coa premisa  do xogo dramático como ferramenta de comunicación, as persoas participantes exploraron interesantes ámbitos de creatividade teatral, pondo en prácticadinámicas que favorecen a capacidade de desinhibición, observación, confianza, traballo en equipo, respecto, apoio e cooperación.

Este obradoiro foi deseñado e impartido polo profesor e director de Os Náufragos Teatro, Gustavo del Río, director de escena, dramaturgo e profesor. Foi docente na escola Cuarta Pared de Madrid, onde desenvolveu tamén a súa carreira como creador. No ano 2000 fundou a súa compañía, coa que leva traballando dentro e fóra de España con proxectos de produción escénica arredor do teatro social. Os Náufragos Teatro produce espectáculos nos que a busca de novas linguaxes é un aspecto prioritario. Codirector artístico de Corufest, Festival de artes escénicas poal diversidade afectivo-sexual e xerente de Madferia, Feria Internacional de Artes Escénicas de Madrid.

Share.

Comments are closed.