Sábado, Decembro 3

Obradoiro de deseño e moda inspirado na contorna este sábado en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de turismo do Concello de Cabanas informa da celebración este sábado, 29 de outubro, dun obradoiro de deseño e moda inspirado na contorna, enmarcado dentro do proxecto “Residencias Creativas no Camiño”. Será nun autobús singular de tipo inglés de dous pisos rotulado para a ocasión, que estará situado no aparcadoiro do Parque do Areal, entre as 10.00 e as 14.00h, e de 16.00 a 20.00 horas.

O obradoiro, de balde, será impartido pola deseñadora luguesa Melania Freire, e permitirá descubrir as novas tendencias artísticas que se están a desenvolver en Galiza, co Camiño de Santiago como fío condutor e principal fonte de inspiración. Melania conta con experiencia nos ámbitos de moda, audiovisuais, artes escénicas, de docencia e investigación. Ademais, recibiu numerosos premios polos seus traballos, como o Mercedes-Benz Fashion Talent ou a Samsung EGO – MBFW Madrid.

Os talleres están dirixidos a todo tipo de públicos, aínda que principalmente están enfocados a profesionais estudantes do ámbito creativo, e teñen aberto o seu prazo de preinscrición. As persoas interesadas poden anotarse a través do neste formulario. As prazas son limitadas.

Residencias Creativas no Camiño chega a Cabanas tras o seu paso por Begonte, Muxía, e O Pino. Logo do seu paso por Cabanas, este sábado, achegarase ao concello de Vilar de Barrio.

INSCRÍBETE NO OBRADOIRO AQUÍ

Share.

Comments are closed.