Obradoiro de alimentación saudábel e sostíbel no comedor escolar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Euroeume e o Concello de Cabanas organizan un obradoiro sobre alimentación saudábel e sostíbel no comedor escolar dirixido a monitores de actividades do comedor e persoas da comunidade educactiva. Nel traballaranse aspectos como o proxecto EcoComedores, a lexislación actual, alimentación saudábel desde a infancia, menús saudábeis e sostíbeis no comedor escolar e almorzos saudábeis no centro escolar.

Será o mércores, 16 de novembro, ás 16.30h no CEIP Eladia Mariño. As persoas interesadas en asistir poden apuntarse no correo servizos.sociais@cabanas.gal ou no teléfono 649 075 263.

Share.

Comments are closed.