Obradoiro “Abeirar” de educación afectivo – sexual dirixido a profesorado e familias do CEIP Eladia Mariño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, no marca da campaña do 25 de novembro, promove o obradoiro afectivo – sexual “Abeirar”, orientado á comunidade educativa do CEIP Eladia Mariño, e no que se desenvolverán varias actividades ao longo da semana do 22 de novembro.

Un destes relatorios do obradoiro organizado pola área de igualdade do Concello de Cabanas está orientado ás nais, pais e persoas coidadoras, e terá lugar o venres 26 de novembro ás 18.00h a través da plataforma Zoom. Para participar é preciso inscribirse previamente a través do correo igualdade@cabanas.gal ou no teléfono 687 143 771.

O obxectivo desta xornada é promover unha educación sexual baseada na comunicación, no coñecemento, nos coidados e no botrato, fomentando unha vivencia máis feliz das crianzas como persoas sexuadas, desde un sistema de apegos seguros na familia e na escola. A educadora social e sexóloga Sabela Maceira, do gabinete “Con Mucho Gusto”, especializado na educación afectiva e sexual desde unha perspectiva inclusiva, será a encargada de impartir o nomeado relatorio.

Arredor do 25 de novembro, Día para a eliminación da violencia contra a muller, o Concello de Cabanas está a desenvolver unha importante campaña, que inclúe actividades de diversa índole. A programación completa pódese consultar nesta ligazón.

Share.

Comments are closed.