O programa Amencer na Escola iniciarase o 8 de setembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia o inicio do Programa Amencer na Escola, unha medida municipal de conciliación financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Ministerio de Igualdad, ao abeiro do Plan Corresponsables. O obxectivo deste servizo é proporcionar apoio para  posibilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, ofertada prioritariamente a aquelas familias que non poden contar con outros recursos da rede familiar ou social.

O programa está dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria do CEIP Eladia Mariño, que será desenvolvido tódalas mañás lectivas do curso escolar desde as 7:30 ata as 9:30 horas. Nel levaranse a cabo actividades recreativas e socioeducativas para os nenos e nenas, e se proporcionarán almorzos saudables para aqueles e aquelas que o soliciten.

Neste curso 2022/2023 o servizo Amencer na Escola iniciarase o día 8 de setembro. Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán facelo nas Oficinas Xerais do Concello dende o luns 29 ata o mércores 31 de agosto de 2022, ou ben a través da Sede Electrónica. Ao final do artigo pódense descargar as fichas que deberán presentarse cubertas.

Para calquera dúbida ou aclaración poderán poñerse en contacto a través do número de teléfono 981 495 959 (ext. 6) ou dos correo servizos.sociais@cabanas.gal ou igualdade@cabanas.gal

Descarga | Ficha inscrición | Domiciliación bancaria | LOPD  | Solicitude bonificación

Share.

Comments are closed.