Sábado, Agosto 20

O prazo de renovación da matrícula do PAI será do 16 ao 20 de maio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que o prazo para a renovación das matrícula das nenas e nenos que xa son usuarias do Punto de Atención á Infancia (PAI) “As Viñas” de Cabanas será entre o luns 16 e o venres 20 de maio. Para solicitar dita renovación será necesario presentar unha instancia xeral e anexar, se xa se dispón dela, a declaración da Renda correspondente ao exercicio 2021.

Novas matrículas.

Lémbrase tamén que para as novas matrículas, o prazo de presentación de solicitude remata o luns 16 de maio. As solicitudes deberán tramitarse de maneira preferente pola Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, no seu defecto, no Rexistro Municipal. En calquera dos casos, o impreso de solicitude – que se pode descargar ao final deste artigo– deberá estar acompañado da documentación que se especifica no mesmo.

As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao departamento de servizos sociais, no 981 495 959 (ext. 2 ou 6), ou a través do correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal. A normativa completa de aplicación pódese consultar neste enlace.

Share.

Comments are closed.