O prazo de preinscrición no PAI de Cabanas abrirá o próximo 1 de maio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de servizos sociais do Concello de Cabanas informa de que o próximo luns, 1 de maio, abrirá o prazo de preinscrición para o Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas para o curso 2023/24. Dito prazo estará aberto até o 15 de maio.

As solicitudes deberán presentarse de maneira preferente pola Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, no seu defecto, no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina.

Xunto co impreso da solicitude, deberá achegarse a seguinte documentación, en función de cada familia:

  • Libro de familia (se non se ten, certificado de nacemento e matrimonio, se procede).
  • DNI das persoas proxenitoras ou representantes legais.
  • Declaración do IRPF ou certificado de exención do ano 2021.
  • Tarxeta do INEM ou nómina, no caso de estar en activo.
  • Certificación positiva ou negativa de percepción económica do INEM (no caso de situacións de desemprego).
  • Certificado de ingresos por pensións nacionais ou estranxeiras emitido polo organismo pagador (de ser o caso).
  • Certificado de discapacidade ou médico de enfermidade (de ser o caso).
  • Pagamentos fraccionados dos profesionais autónomos (de ser o caso).
  • Sentenza que acredite a nulidade matrimonial, separación ou divorcio (de ser o caso).
  • Certificado de empadroamento, no caso de ser de fóra deste concello.

O PAI As Viñas ten unha capacidade de 20 prazas e para o vindeiro curso 2023/2024 ofértanse un total de 11 prazas, en concreto:

  • De 4 meses a 12 meses: 4 prazas
  • De 13 meses a 24 meses: 3 prazas
  • De 25 meses a 36 meses: 4 prazas

Para máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais no 981 495 959 (ext. 2) ou no correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal

Descarga | Regulamento PAI | Ordenanza PAI | Solicitude praza

Share.

Comments are closed.