miércoles, enero 15

O prazo de matrícula do PAI será do 15 ao 28 de xullo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da apertura do período de matrícula para as persoas admitidas para o curso 2020 – 2021 no Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas. A listaxe destas persoas pódese consultar na Sede Electrónica nesta ligazón.

A matrícula debe facerse presencialmente, e é preciso cubrir o formulario que se facilitará nas Oficinas Xerais da Casa do Concello. Ademais, é preciso presentar a seguinte documentación:

  • Dúas fotos tamaño carné.
  • Declaración da Renda correspondente ao exercicio 2019.
  • Tarxeta sanitaria.
  • Número de conta bancaria.
  • Certificado do servizo de pediatría de estar ao día no calendario de vacinación.

O prazo establecido é do 15 ao 28 de xullo.

Share.

.