O luns abre o prazo de inscrición para os campamentos de verán

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da posta en marcha de dous campamentos de verán, urbano e deportivo, que se celebrarán durante os meses de xullo e agosto no apeadoiro do Areal e no pavillón do CEIP Eladia Mariño, respectivamente.

No campamento urbano Cabanas Concilia, destinado a nenas e nenos nados desde o ano 2010 a 2018, levaranse a cabo actividades como teatro, contacontos, música, obradoiros, xogos populares e actividades de natureza, mentres que no campamento deportivo, orientado a nenas e nenos a partir de 7 anos, desenvolveranse actividades para iniciarase na práctica deportiva de forma lúdica e promocionar un estilo de vida saudábel, incluíndo xogos acuáticos, baloncesto, bádminton, voleibol hóckey, béisbol, fútbol ou balonmán.

As inscricións a estes campamentos poderán ser quincenais ou de carácter mensual, cuns prezos de 40 e 65 euros, respectivamente. As prazas asignaranse por orde de inscrición, e darase prioridade ás persoas empadroadas, e ademais, no caso do campamento Cabanas Concilia, as familias con menos ingresos económicos.

A formalización da inscrición das crianzas nestes campamentos farase no Rexistro Municipal, presencial ou telematicamente, entre os días 13 e 17 de xuño para as persoas empadroadas, e entre os días 20 ao 23 de xuño, para as non empadroadas. Deberase incluír ademais a seguinte documentación:

  • Solicitude cuberta.
  • Copia DNI da persoa solicitante.
  • Copia DNI ou partida de nacemento da nena ou neno participante.
  • Copia da tarxeta sanitaria da nena ou neno participante.

As persoas que desexen máis información pode dirixirse ao 981 495 959, na extensión 3 para o campamento deportiva, ou nas extensións 2 ou 6 para o campamento urbano Cabanas Concilia.

Descarga | Ficha inscrición campamento deportivo | Información ás familias campamento deportivo

Descarga | Ficha inscrición campamento urbano | Información ás familias campamento urbano

Share.

Comments are closed.