O Concello de Cabanas acolle esta fin de semana o II Paseo da La, unha feira internacional centrada na la artesanal con Denominación de Orixe, e que inclúe no seu programa faladoiros, obradoiros, e toda unha serie de actividades que se desenvolverán entre o venres 24 e o domingo 26 de marzo.
Debido ás previsións climatolóxicas, o conxunto das actividades desenvolveranse no Pavillón de Lavandeira, manténdose o programa orixinal, que se detalla a continuación:
Venres, 24 de marzo
16.00h. Apertura Exposición
16.30h. Presentación de Bestiarium
18.15h. Inauguración O Paseo da la
18.30h. Pasarela Lanar 2023. Presentación de prezas únicas de la realizadas polos participantes do II Paseo da La. Desfila Club de Baile Deportivo Narón
20.00h. Peche Pasarela
Sábado, 25 de marzo
10.00h. Inicio Feira artesanal la con DO. Apertura exposición “Bestiarium”.
10.30 – 11.30h. Faladoiro “Lanaterapia”. O arte de tecer como terapia.
11.00h. Encontro Tecedoras/es.
12.00h. Inauguración por parte das autoridades.
13.00h. Autóctonas galegas. Showcooking.
16.30 a 17.30h. Faladoiro. Presentación Documental “Lana, el diamante de España”.
18.00 a 19.00h. Faladoiro. Presentación do Proxecto “Go Sebastiana”.
20.00h. Finalización encontro Tecedores/as.
22.00h. Entramado lanar “Los Alcántara”.
00.00h. Terra, mar, auga, lume.
Domingo, 26 de marzo
10.00h. Apertura Feira artesanal la con DO. Apertura exposición “Bestiarium”.
10.30 a 13.00h. Obradoiro de Gorullo.
10.30 a 13.00h. Obradoiro de Feltro.
13.30h. Foto de familia.
14.00h. Clausura II Paseo da La Cabanas