O Goberno de Cabanas solidarízase folga do persoal das residencias

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Goberno de Cabanas quere manifestar o seu apoio á folga iniciada polo persoal das residencias privadas, entre as que se atopa o centro DomusVi de Laraxe, que reivindica un convenio digno e solucións aos problemas de precariedade que están a padecer.

Ademais, o Goberno de Cabanas fai un chamamento á implicación da Xunta na negociación do novo convenio colectivo para garantir a mellora das condicións laborais e salariais das traballadoras, e para modificar os requisitos dos centros referido ao rateo do actual persoal de atención directa, co fin de mellorar a calidade asistencial das persoas usuarias.

Share.

Comments are closed.