Venres, Setembro 29

O espectáculo ‘A Maxia de Europa’ chega ao Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O espectáculo ‘A Maxia de Europa’ de EUROPE DIRECT A Coruña chega o día 25 de agosto ao Concello de Cabanas

  • Xogos, trucos, ilusión, humor e información europea xúntase nesta actividade para tódolos públicos.
  • A función, con entrada de balde, terá lugar no CIMM ás 18:00 horas.

Esta actividade de EUROPE DIRECT A Coruña mestura xogos, trucos, ilusións e humor para realizar unha viaxe máxica e dinámica para maiores e pequenos a través dos valores, símbolos, beneficios e algúns dos programas da Unión Europea. A función, que ten entrada de balde, terá lugar no CIMM e comeza ás 18:00 horas.

O público asistente poderá seguir os trucos de maxia realizados coas bandeiras europeas e dos estados membros ou tamén ou a moeda común, entre outros elementos. O espectáculo estará guiado polo mago Pedro Bugarín, un ilusionista con máis de 15 anos de experiencia no seu eido e que tamén ten vivido múltiples experiencias de mobilidade en Europa.

Esta actividade lúdica e máxica está organizada por EUROPE DIRECT A Coruña dentro da iniciativa da que forma parte o Concello de Cabanas.  O espectáculo levará durante o mes de agosto os valores, símbolos e oportunidades da Unión Europea a un total de oito concellos da provincia adheridos a esta rede. ‘A Maxia de Europa’ percorrerá Pontedeume, Fene, Rois, Dumbría, Sada, Lousame, Valdoviño e Cabanas entre o día 2 e o 25 deste mes.

 

[ES]

El espectáculo ‘A Magia de Europa’ de EUROPE DIRECT A Coruña llega el día 25 de agosto al Concello de Cabanas

  • Juegos, trucos, ilusión, humor e información europea se reúnen en esta actividad para todos los público.
  • A función, con entrada gratuita, tendrá lugar en el CIMM a las 18:00 horas.

Esta actividad de EUROPE DIRECT A Coruña mezcla juegos, trucos, ilusiones y humor para realizar un viaje mágico y dinámico para mayores y pequeños a través de los valores, símbolos, beneficios y alguno de los programas de la Unión Europea. La función, que tiene entrada gratuita, tendrá lugar en el CIMM y comienza a las 18:00 horas.

El público asistente podrá seguir los trucos de magia realizados con las banderas europea y de los estados miembros o la moneda común, entre otros elementos. El espectáculo estará guiado por el mago Pedro Bugarín, un ilusionista con más de 15 años de experiencia en su campo y que también ha vivido múltiples experiencias de movilidad en Europa.

Esta actividad lúdica y mágica está organizada por EUROPE DIRECT A Coruña dentro de la iniciativa Europa de la que forma parte el Concello de Cabanas. El espectáculo llevará durante el mes de agosto los valores, símbolos y oportunidades de la Unión Europea a un total ocho ayuntamientos de la provincia adheridos la esta red. ‘La Magia de Europa’ recorrerá Pontedeume, Fene, Rois, Dumbría, Sada, Lousame, Valdoviño y Cabanas entre el día 2 y el 25 de este mes.

 

Información : Enlace

Share.

Comments are closed.