O Concello ilumínase de azul polo Día Mundial da Diabete

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa do Concello de Cabanas ilumínase esta noite de azul para conmemorar o Día Internacional da Diabete.

Estímase que hai uns 6 millóns de persoas que padecen esta enfermidade no conxunto do Estado, e outros 2 millóns sen diagnosticar, o que provoca 25.000 mortes ao ano. Cada día, detéctase 1.100 novos casos.

Con este xesto, o Concello de Cabanas súmase ás reivindicacións das asociacións de doentes desta enfermidade, contribuíndo á súa visualización para aumentar a concienciación sobre a mesma.

 

Share.

Comments are closed.