O Concello de Cabanas súmase á limpeza simultánea de praias

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través das áreas de medio ambiente e servizos, organiza unha limpeza e recollida de lixo da Praia da Madalena o vindeiro sábado, 16 de outubro, no marco da limpeza simultánea de praias que coordina ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.

O punto de encontro para esta actividade será o Posto de Socorrismo da Praia da Madalena, situado no centro da praia, ás 10.30h do sábado. Con todo, para participar é preciso realizar inscrición previa, escribindo un correo a medio.ambiente@cabanas.gal ou a través do WhatsApp 637 559 873.

Nesta limpeza da Praia da Madalena tamén colaborará a Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula, coa que o Concello de Cabanas levou a cabo unha limpeza do río Baa nas últimas semanas.

Desde o Concello de Cabanas animan á veciñanza a participar nesta xornada, e recordan ás persoas participantes que deben acudir con luvas para protexer as mans durante os traballos de limpeza.

Share.

Comments are closed.