sábado, noviembre 2

O Concello de Cabanas e o Clúster Smart City promoverán accións de Smart Village

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O alcalde de Cabanas, Carlos Ladra, xunto con tenente alcalde e concelleiro de innovación tecnolóxica, Iago Varela, e o presidente do Clúster Smart City, Mariano Barroso, asinaron esta mañá un acordo marco de colaboración para promover no municipio actuacións que posibiliten avanzar no seu tratamento como vila intelixente (Smart Village), entendida como máis eficiente, sostíbel e confortábel para a súa veciñanza.

O convenio recolle como base de traballo conxunto a definición de políticas e actuacións de interese nos entornos de Smart Village, así como a planificación de estratexias de desenvolvemento futuro para o concello, coa aportación non só do propio clúster, senón tamén o coñecemento e innovación xerado polas empresas e centros tecnolóxicos do Estado español asociados ao mesmo.

Así mesmo, o acordo contempla accións que perseguen mellorar a calidade de vida da veciñanza, impulsar medidas de preservación do medio ambiente e do entorno, e, sobre todo, posicionar Cabanas como destino turístico competitivo e sostíbel. Con ilo, o concello poderá, ademais, revitalizar a economía local e desenvolver accións de innovación social, comezando por establecer unha estratexia como municipio intelixente, co apoio do clúster.

O tenente alcalde, Iago Varela, subliñou que este acordo supón “avanzar na aplicación de solucións de Smart Village no noso concello para mellorar a eficiencia dos servizos municipais e a vida da veciñanza de Cabanas, ao tempo que permite compartir coñecemento a partir da experiencia previa de outros municipios e acceder a programas piloto de innovación tecnolóxica”.

Pola súa parte, Mariano Barroso destacou o impacto económico que ten nas localidades a aplicación de solucións de Smart City, non só no aforro de custes ás arcas municipais, senón tamén como xeradoras de emprego e oportunidades de negocio para o tecido empresarial local.

Share.

.