Sábado, Agosto 20

O Concello de Cabanas e a FAEPAC unen forzas na loita contra a vulnerabilidade enerxética

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello e Cabanas, a través das áreas de medio ambiente e servizos sociais, colabora coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) para promover un proxecto destinado a loitar contra a vulnerabilidade enerxética da veciñanza de que Cabanas, no que participan varias familias con risco de vulnerabilidade.

A iniciativa inclúe unha auditoría enerxética, efectuada por persoal da FAEPAC, na que se fai un estudo nas vivendas das persoas participantes, que inclúe a instalación de aparellos para a medición de temperaturas, humidades ou fugas de aire, co obxectivo de poder propoñer melloras para o día a día. Así mesmo, tamén se leva a cabo un estudo da facturación para propoñer melloras adaptadas ao consumo e tratar de reducir o gasto neste servizo básico.

“Con este proxecto pretendemos combater a vulnerabilidade enerxética que afecta a unha parte da nosa veciñanza, con datos que nos permitan levar a cabo políticas concretas e erradicar esta problemática desde a base”, sinalaron fontes do goberno local.

Share.

Comments are closed.