Martes, Novembro 30

O Concello de Cabanas comezará a desenvolver os obradoiros “Saúde e benestar das mulleres”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de igualdade, comezará a desenvolver os obradoiros “Saúde e benestar das mulleres”, unhas xornadas que se realizarán nas diferentes parroquias en colaboración coas asociacións veciñais, ofrecendo un espazo semanal para as mulleres.

O obxectivo destes obradoiros é sensibilizar no auto – coidado, realizando accións grupais para o desenvolvemento persoal e a cultura de saúde en clave feminista, e neles participarán asociacións e persoas expertas en fibromialxia, alzheimer, dor crónica, bo trato, psicoloxía e igualdade.

A inscrición está aberta, e comezarán o próximo martes, 26 de outubro, nos seguintes lugares:

  • Laraxe (SCRD San Mamede), de 18.30 a 19.30h ou de 19.30 a 20.30h. Inscrición no 627 203 478
  • Soaserra (As. Mulleres Cabanas Rural), de 16.30 a 18.00h. Inscricións no 659 620 948

En novembro, o xoves día 4:

  • Porto (SCRD San Martiño), de 19.00 a 20.30h. Inscricións no 687 143 771

Na calidade de vida das persoas inflúen múltiples factores, como o material, mais tamén o benestar físico e emocional, que se consolidan como factores fundamentais á hora de contar cunha situación de benestar integral.

As mulleres contan con menores oportunidades, por exemplo no ámbito laboral, e tamén contan con peores condicións de vida (p.e. nos salarios ou pensións), polo que existen factores sociais que facilitan unha maior percepción de malestar emocional entre as mulleres que entro os homes, polo que é necesario prestar atención a esta realidade.

O contacto social e mantemento de redes de amizade e familiares, ben de xeito físico ou ben a través das novas tecnoloxías ou da participación no tecido social, xoga un papel moi importante como mecanismo para mellorar as condicións de vida das persoas e para defender os intereses particulares da poboación, xa sexa de xeito individual ou mediante organismos e asociacións.

Estas actividades están financiadas polo Ministerio de Igualdade e Xunta de Galiza, e contan tamén co apoio da Deputación da Coruña co persoal técnico, como a técnica ide igualdade do Concello de Cabanas. Pódese contactar con este servizo no teléfono 687 143 771 ou no correo electrónico igualdade@cabanas.gal

Share.

Comments are closed.