O Concello de Cabanas asiste á presentación da guía práctica inclusiva “O Camiño Inglés sobre rodas”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Este venres á mañá presentouse en Ferrol a guía práctica inclusiva “O Camiño Inglés sobre rodas”, elaborada pola Asociación Sociocultural ASCM. Ao acto acudiron en representación do Concello de Cabanas o alcalde, Carlos Ladra, o tenente alcalde e responsábel de turismo, Iago Varela e a concelleira de infraestruturas e accesibilidade, Concepción Rodríguez, ademais da animadora cultural, María José López.

A publicación, desenrolada no marco da segunda edición do proxecto Sportodxs, recolle o itinerario accesíbel recomendado para realizar o Camiño Inglés en todo o seu trazado, con referencias gráficas e puntos a ter en conta para poder conseguir a Compostela partindo desde Ferrol.

As responsábeis municipais asistentes ao acto reafirmaron o seu compromiso pola mellora da accesibilidade en Cabanas, onde se veñen realizando diferentes traballos de mellora nos últimos tempos. “Queda moito por facer para conseguir a accesibilidade plena, e a colaboración con entidades como ASCM resulta fundamental para facelo do xeito correcto”, indicaron fontes do goberno.

Share.

Comments are closed.